Cervo clausura unha nova edición do curso de monitor de tempo libre

AMariñaXa
Durante os meses de xullo e agosto, 11 mozos e mozas participaron activamente no curso
clausura-curso-de-monitor-de-tempo-libre-cervo
29 Ago 2024

O Concello de Cervo finalizou unha nova edición do curso de Monitor de Tempo Libre, dentro da iniciativa Avívate VII, dirixida á mocidade maior de 18 anos. Durante os meses de xullo e agosto, 11 mozos e mozas participaron activamente no curso, formando un grupo unido e entusiasta.

A alcaldesa felicitou aos participantes polo seu compromiso e dedicación, destacando o papel fundamental de Alicia, a monitora, quen soubo motivar ao grupo e proporcionar unha formación valiosa nun sector con boas perspectivas laborais. A rexedora tamén fixo entrega dos diplomas e expresou o seu desexo de éxito para o futuro laboral dos asistentes, esperando que esta formación adicional lles sexa útil nun mercado laboral cada vez máis competitivo.

Durante o acto de clausura, a alcaldesa destacou a importancia de ofrecer á mocidade ferramentas que reforcen a súa formación e potencien o seu desenvolvemento persoal e profesional. Ademais, resaltou que os obxectivos do curso foron cumpridos, proporcionando aos participantes a formación necesaria para colaborar en campamentos, actividades socioculturais e obradoiros, o que anima ao Concello a continuar programando iniciativas deste tipo para a mocidade.

0.13161706924438