Cervo celebrou unha sentida homenaxe póstuma ao seu veciño Nardo Martínez

AMariñaXa
A praza dos Campos de San Cibrao acollerá o Festival Folklórico Mistura en agosto. Será a primeira fin de semana
homenaxe Nardo Martinez Cervo
5 Aug 2023

A veciñanza de Cervo celebrou unha sentida homenaxe póstuma ao seu veciño Nardo Martínez. Un día, no que, tal e como precisou a rexedora Dolores García Caramés, "lle devolvemos un anaquiño desa xenerosidade e dedicación ao noso municipio, porque Nardo foi un veciño exemplar sempre comprometido co seu pobo, e tremendamente entregado ao desenvolvemento de Cervo en todas as facetas".

A alcaldesa lle entregou á familia os atributos correspondentes polo seu nomeamento como fillo adoptivo do Concello de Cervo, ante un auditorio cheo de amigos, veciños e familiares de Nardo. Un día no que se viviron momentos certamente emotivos "que quedarán gravados no noso recordo para sempre".

Unha proposta -recordou Caramés- que naceu dun xeito moi bonito, xa que partiu do tecido asociativo, en concreto da asociación Mulleres de San Ciprián, a quen felicitou pola proposta, "que conseguiu aglutinar un sentimento compartido por unha ampla representación das asociacións do noso concello que xuntas promoveron este nomeamento, devolvéndolle así en parte esa dedicación por Cervo".

Nardo foi desde logo un veciño excepcional que soubo aproveitar a súa experiencia vital para compartir con outros o seu tempo e os seus recursos, sen agardar nada a cambio. Foi desde logo un home dinámico, traballador, unha persoa de notable éxito, que xerou postos de traballo e riqueza no noso concello; "revertindo unha parte importante de todo ese éxito profesional no noso pobo, nos veciños e veciñas de Cervo. Persoa autodidacta, emprendedora, constante, con mentalidade avanzada e espírito filantrópico"

Nardo, foi sen dúbida un home que deixou unha pegada imborrable e a partir de agora esta praza, centro neurálxico de San Ciprián, dinámica e chea de actividade, que representa á perfección o legado que nos deixou levará o seu nome, apuntou a rexedora,

"Un lugar singular, dedicado a un veciño singular feito a si mesmo, que se dedicou a servir, simplemente, ao seu pobo"

En representación da asociación Mulleres de San Ciprián, interviu a súa presidenta, Amparo Pernas, que tamén recordou con moito cariño a figura de Nardo nunha prazoleta ateigada de amigos e veciños, "unha praza que a partir de agora estará presidida por este veciño exemplar, a través dunha placa de bronce gravada altruístamente por Anxel Cao, a quen lle temos que agradecer moito este xesto" -que xunto ao seu fillo Telmo Cao realizou a peza-.

Unha placa que está elaborada con bronce fundido procedente do propio taller de Nardo, "polo que aínda ten máis valor se cabe. Porque ese taller foi onde Nardo comezou desde cero, con moitísimo traballo e esforzo, creando unha pequena empresa que foi quen de diversificar no ámbito da fabricación mecánica, naval e do automóbil. Polo que un anaco desa parte tan importante da súa vida, tamén permanecerá para sempre aquí nesta Praza", dixeron.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18274998664856