Cervo celebrou a creatividade coa entrega dos premios Versos de Rosalía e Amor na Rede

AMariñaXa
O Encontro de Palilleiras foi o escenario perfecto para recoñecer o talento literario e artístico da veciñanza máis nova e adulta
Cervo-premios-Versos-rosalia-2025
8 Apr 2025

Durante o Encontro de Palilleiras celebrado en Cervo este sábado, tivo lugar tamén a entrega dos premios dos concursos Versos de Rosalía e Amor na Rede, que puxeron en valor a expresión artística e emocional da cidadanía a través da poesía, as cartas, a fotografía e o vídeo. No certame “Versos de Rosalía”, na categoría sénior, o primeiro premio foi para os usuarios da Residencia Resort de Saúde Mental A Mariña, mentres que o segundo e o terceiro recaeron en Sandra María Franco e Begoña López, respectivamente. Na categoría xuvenil, os galardóns foron para Samuel Riera, de 7 anos, Valentina Blanco, de 5, e Iria Baltar, de 12. Ademais, tamén se recoñeceu a participación de Elba, Irene, María, Amelia, Helena, Jesús, Nayra, Nuria e Saúl, que recibiron cadanseu agasallo.

No concurso “Amor na Rede”, na categoría de menores de 18 anos, a mellor carta foi O amor das mascotas, asinada por Ruliña (pseudónimo de Lily Fernández, de 8 anos), mentres que Nuria Iglesias, de 13, foi recoñecida pola mellor fotografía, e Jesús López, de 9, polo traballo máis orixinal co título Amor á miña nai. Na categoría de maiores de 18 anos, o xurado escolleu como mellor carta Santa Pacencia, asinada por María Jul, e como mellor fotografía Amor verdadeiro, de Bry Villares. O galardón ao mellor vídeo foi para Formulando cartas de amor, presentado polo CDR de San Ciprián, mentres que o premio ao traballo máis orixinal foi para Ken Son, pseudónimo de Irene Rega. Tamén recibiron un agasallo Antonio, Sandra María, María Elisa, Myriam, Daniel, Damián, Lázaro, María Jesús, Tomás, Begoña, Jesús, Elba, Helena e Rubí, como mostra de agradecemento pola súa participación. O Concello de Cervo amosou a súa satisfacción polo éxito da convocatoria e pola creatividade amosada por todas as persoas participantes.

⚙ Configurar cookies
0.13354182243347