Cervo celebrará este sábado 4 de marzo a Festa do Mexillón
O Concello de Cervo celebrará este vindeiro sábado 4 de marzo a Festa do Mexillón, que vai pola XXIX edición. Ao longo da xornada os 8 locais participantes ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán no mexillón o seu denominador común. Participarán O Noso Lar, Las Titas, A Bodega, O Faro, Aquelarre, Maruxaina, O Trasgo e o CIT.
Tamén haberá venda de mexillón cocido na carpa da Praza dos Campos da man da asociación Amigos da Maruxaina desde o mediodía.
A festa estará amenizada pola Disco Móbil Conxuro durante a sesión vermú desde ás 13.30 horas, e repetirá pola noite tras a actuación da orquestra Fania Blanco Show prevista para as 22.30 horas.
Villares quixo salientar que “este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida á nosa vila e sempre son un reclamo para atraer visitantes, ofrecendo un produto do mar con tantas posibles receitas elaboradas polos nosos hostaleiros, que unha vez máis nos sorprenderán coas súas grandes dotes culinarias”.
Desde o Concello de Cervo animan a todos e todas, veciñanza e visitantes, a desfrutar desta xornada, que terá o Mexillón como protagonista.