Cervo celebrará a XXVIII Festa do Mexillón

AMariñaXa
O concello de Cervo celebra o vindeiro sábado 16 de abril a Festa do Mexillón. Un total de nove locais hostaleiros
Festa mexillon 2022 cervo
9 Abr 2022

O Concello de Cervo celebra o vindeiro sábado 16 de abril a Festa do Mexillón no que ao longo dese día os locais ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán no mexillón o seu denominador común.

Nel participarán O Noso Lar, Las Titas, A Bodega, O Faro, Aquelarre, Maruxaina, O Pulgas, CIT e O Encontro. A festa foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez.

A partir das 22:00 horas haberá verbena a cargo da orquestra Fania Blanco Show e a continuación será a quenda de Disco Móvil Chocolate.

Villares quixo salientar que “este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida á nosa vila e sempre son un reclamo para atraer visitantes, ofrecendo un produto do mar e con tantas posibles receitas”.

Desde o Concello de Cervo animan a todos e todas, veciñanza e visitantes, a que o sábado 16 de abril veñan a San Ciprián a desfrutar desta xornada, que terá á Festa do Mexillón como protagonista.

0.214271068573