Cervo celebra o 8M con deporte, danza e xantar de convivencia

O Concello de Cervo conmemora o Día Internacional da Muller cunha serie de actividades que se desenvolverán durante a fin de semana do 8 e 9 de marzo.
O sábado 8 de marzo, a xornada comezará cunha andaina que partirá ás 17:00 horas desde o alto do Faro da Atalaia ata a Casa do Mar. Unha vez alí, as participantes poderán gozar dunha demostración de danza oriental. As interesadas en participar na ruta poden anotarse chamando á Casa da Cultura no teléfono 982 59 51 57.
O domingo 9 de marzo terá lugar o tradicional xantar do Día da Muller, previsto para as 15:00 horas no restaurante "O Noso Lar". O evento rematará cun baile a cargo do Dúo Dilema. Durante a comida, entregaranse os premios ás gañadoras do campionato de tute e parchís que se está a desenvolver na Casa do Mar. Os tíckets para o xantar están dispoñibles no propio restaurante.
A programación do 8M en Cervo busca promover a participación e o encontro entre mulleres, fomentando a convivencia e a visibilidade do papel feminino na sociedade.