Cervo celebra mañá o Día de Rosalía
Mañá mércores, 24 de febreiro, ten lugar unha efeméride moi importante no calendario galego: o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa das letras galegas.
Para conmemorar ese día, desde a delegación de Cultura do Concello de Cervo, organizaron o concurso Versos de Rosalía. Os participantes teñen como obxecto enviar os dous versos que máis lle gusten da escritora no formato que se desexe (fotografía, debuxo, vídeo, audio, texto...). Valorarase a orixinalidade.
Establécense dúas categorías, sénior e xuvenil, con tres premios en cada unha delas. Haberá como hora límite as 17:00 de mañá para enviar os versos ao correo dinamizacion@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 691 656 600.
Os gañadores daranse a coñecer ás 20:00 horas do mesmo 24 de febreiro.