Cervo celebra este sábado o primeiro Festival do Guioncho
AMariñaXa
O I Festival do Guioncho, organizado pola A.
11 Abr 2024
O I Festival do Guioncho, organizado pola A.C. Comisión de Festas de Lieiro celébrase este sábado nunha carpa instalada na Praza dos Campos e desde o Concello de Cervo animan á veciñanza a participar.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e por unha representación da asociación que se encarga do evento, que terá como cabeza de cartel a El Combo Dominicano, acompañado pola orquestra Waykas.
A entrada anticipada por un prezo de 10 euros pode adquirirse nos locais comerciais ou ese mesmo día en taquilla a partir das 18.00 horas. Haberá tamén servizo de autobuses con saída ás 22.00 horas desde Viveiro e Burela.