Cervo celebra este sábado, 24 de febreiro, o Día de Rosalía
Este sábado, 24 de febreiro terá lugar o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa das nosas letras. E para conmemorar esa data, desde o Concello de Cervo, organizan o concurso Versos de Rosalía.
Desde o Concello indican: “envíanos os dous versos que máis che gusten da escritora no formato que desexes (fotografía, debuxo, vídeo, audio, texto...). Valorarase a orixinalidade. Establécense dúas categorías: sénior e xuvenil, con tres premios en cada unha delas. Fainos chegar as túas creacións antes das 17.00 horas do 24 de febreiro ao correo prensa@concellodecervo.com ou por Whatsapp ao 683 315 939. Recorda incluír o teu nome e apelidos, idade, teléfono e lugar de procedencia. Os gañadores daranse a coñecer ás 20.00 horas do mesmo 24 de febreiro.
Tamén o 24 de febreiro, sábado, haberá teatro en Cervo. Da man de Tarabela Creativa chega á casa da cultura de San Cibrao “Boa sorte, mala fala”. Será a partires das 20.30 horas. Texto e dirección de Carmen Conde.