Cervo celebra as festas da Senra

AMariñaXa
O Concello anima a veciños e visitantes a participar nesta festa, que dá o punto de partida ao verán
Festas-Senra
27 Xuño 2024

Cervo celebra este sábado as festas da Senra, na honra á Virxe do Carme e San Pedro.  A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por membros da Asociación. Cultural e Recreativa O Raxal, como entidade organizadora

Haberá Misa na honra de San Pedro e a Virxe do Carme, ás 13.30 horas, cantada polo Coro Parroquial de Cervo; seguida de procesión con Fol de Raxal e Cordenaia de Airiños do Xunco. A continuación, o Grupo Master protagonizará o vermú.

Á noite haberá gran verbena de novo amenizada por este grupo, seguido da Disco Móbil Conxuro a partir das 22.30 horas. O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar nesta festa, que dá o punto de partida ao verán, como primeira Festa Patronal dunha tempada estival que volverá encher cada recuncho de Cervo de actividades para todos os públicos e para desfrutar coa familia e amigos.

 

 

 

 

0.18248701095581