Cervo celebra a XXXI Festa do Mexillón con ampla degustación en dez locais

O concello de Cervo celebrará o sábado 22 de febreiro a Festa do Mexillón, que vai pola XXXI edición.
Ao longo da xornada os dez locais participantes ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán o mexillón como protagonista. Participarán O Noso Lar, A Bodega de Ana, O Faro, A Penúltima, Bar Maruxaina, O Trasgo, Habana, bar El Puerto, A´Brasame Poliño e O Encontro.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación dos locais participantes.
A alcaldesa puxo de manifesto que esta festa é sempre un gran reclamo para atraer visitantes, e para animar a vila, a través dun produto que simboliza tamén a nosa conexión co mar.
A rexedora convidou a veciños e visitantes a participar neste Festa que é unha mostra do bo facer tamén da hostalería local nun día pensado para saborear a nosa gastronomía e para desfrutar en familia e entre amigos degustando multitude de propostas baixo un mesmo denominador común: o mexillón.