Cervo celebra a Festa do Turista e continúa coas veladas de teatro
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
No Concello de Cervo continúan as Veladas de Teatro, na Praza do Souto e ademáis, este sábado, terá lugar non só a Festa do Xamón Cocido, senón que tamén haberá outras citas en San Cibrao.
3 Ago 2019
No Concello de Cervo continúan as Veladas de Teatro, na Praza do Souto e ademáis, este sábado, terá lugar non só a Festa do Xamón Cocido, senón que tamén haberá outras citas en San Cibrao.
A principal será a do Festival Folklórico Infantil pero tamén haberá outra Festa do Turista, non en balde, a localidade, como moitas outras da Mariña empezan a encherse cos visitantes e turistas por estas datas.
Pola festa do turista, haberá un mercado de obxectos de segunda mao e degustación de bolos preñaos.
Os grupos que actúan nas veladas de teatro son Ollomao, Baluarte, O Bordelo e Ardora.