Cervo avanza nos trámites para ampliar o Museo do Mar

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
2 Aug 2019

O Concello de Cervo avanza nos trámites para ampliar o Museo do Mar, de San Cibrao. Tal e como informou o alcalde, Alfonso Villares, o informe ambiental estratéxico xa foi sometido a exposición pública, e agora estase á espera dos informes dos organismos estatais e autonómicos pertinentes –Ministerio de Fomento, Costas do Estado, e servizo de Costas da Xunta de Galicia- “para levar xa a pleno a aprobación da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal”. 

O ámbito proposto para levar a cabo a ampliación abrangue, ademais do edificio existente, unha edificiación privada empregada antigamente como vivenda. 

Nestes terreos que se plantexan para o aumento do Museo establécese a ordenanza Residencial mixta -espazo, en ordenación mixta, destinado xeralmente á vivenda e usos complementarios-; mentras que no Museo establécese a ordenanza Dotacional -propia de espazos en ordenación aberta, destinados a usos dotacionais ou servizos de interese público tales como escolar, deportivo, recreatrivo, relixioso, sanitario, asistencia…-.

Este cambio nas condicións urbanísticas permitirá pois o uso dotacional da superficie total que é de 2.568  m².

Tal e como recordou Villares “a ampliación do Museo do Mar, que é patrimonio de todos os cervenses, é un obxectivo prioritario e irrenunciable deste equipo de Goberno, e estamos a dar os pasos precisos para logralo, e incorporar o terreo contiguo para  mellorar a calidade e a funcionalidade desta dotación cultural para poder poñer a disposición da veciñanza todo o material que atesoura”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17343807220459