Cervo anunciou aos gañadores do certame de amor na rede

AMariñaXa
O Concello de Cervo anunciou aos gañadores do tradicional certame de amor na rede que xa vai pola IX edición
CERTAME SAN VALENTÍN 2023 cervo
16 Feb 2023

O Concello de Cervo anunciou aos gañadores do tradicional certame de amor na rede que xa vai pola IX edición e que se celebra con motivo do Día dos Namorados.

Nesta ocasión os traballos deberon compoñerse en torno á idea do Amor Propio ou autoamor, sendo unha homenaxe a un mesmo.

Na categoría para menores de 18 anos os gañadores foron O meu amor de Jesús López coa mellor carta, e El amor a ti mismo de Nuria Iglesias López polo traballo máis orixinal.

Na categoría de maiores de 18 anos o mellor video foi para Amarme mejor de María Aurora Pinín Fernández, a mellor foto foi para Quérete moito de María Jesús Miraz Rivera, a mellor carta foi a de Tomás Mariño con Entre cuatro paredes, e no traballo máis orixinal houbo un empate entre Mi espejo de José Antonio Carretero e Recetas de Amor de Rebeca Rodríguez.

O premio ara menores de 18 anos consiste nun vale de 40€, para os mellores traballos en cada un dos formatos, para gastar en calquera establecemento do Concello de Cervo. Na categoría para maiores de 18, a recompensa será un vale, tamén por cada formato que resulte gañador, que se poderá trocar por unha cea para dúas persoas en calquera establecemento hostaleiro do termo municipal.

0.18431806564331