Cervo acomete obras de mellora do abastecemento

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
27 Out 2019

O Concello de Cervo está a acometer estes días obras de mellora e renovación da rede de abastecemento de auga do núcleo de Cervo, en concreto na rúa Xosé Álvarez, no tramo que vai desde a ponte do río Xunco ata o Paraño, en Sargadelos, dirección Figuerido.

O rexedor Alfonso Villares, que se desprazou ata a zona para supervisar os traballos acompado pola edil de Obras, Mali Méndez, precisou que “se trata dunha actuación importante que nos permitirá reducir os costes de mantemento e, sobre todo, mellorar a calidade do servizo para a veciñanza”.

A obra conta cun orzamento de preto de 40.000 euros (39.288,09 euros concretamente), dos cales o 75% corresponden ao Fondo de Compensación Ambiental da liña en concorrencia competitiva da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. 

Trátase dunha actuación que abrangue medio quilómetro de distancia, que consiste na substitución das canalizacións existentes de fibrocemento  por outras de polietileno, que inclúe tamén a renovación das acometidas domiciliares e a execución dunha boca de rego e dos correspondentes pozos de rexistro.

0.15722513198853