Cervo acollerá o sábado o XII Campionato de Nadal de Nihon Taijitsu
Cervo acollerá o XII Campeonato de Nadal de Katas de Nihon Taijitsu o 21 de decembro ás 17 horas no pavillón municipal de deportes de San Cibrao.
Así, a XII edición do campionato está organizado pola federación galega de karate, Budogalicia e o Concello de Cervo.
O Concello de Cervo acollerá o sábado 21 de decembro o XII Campionato de Nadal de Nihon Taijitsu nas modalidades de Kata Individual e Goshin Shobu (defensa persoal).
O escenario da competición, que comezará ás 17.00 horas, será o Pavillón da Veiga de San Ciprián,
Estímase que serán medio cento os participantes, entre nenos e adultos, que participarán na competición, dos cales o 60 % serán representantes da Mariña.
Haberá medallas para todas as persoas participantes, e trofeos para os tres mellores de cada unha das 8 categorías.