Cervo acollerá o día 25 unha nova edición da Festa do Ourizo
AMariñaXa
San Cibrao será o escenario da vindeira edición da Festa do Ourizo de Cervo. Unha cita gastronómica o declarada de Interese Turístico Galego.
11 Mar 2023
A localidade de San Cibrao será o escenario da vindeira edición da Festa do Ourizo de Cervo. Unha cita gastronómica o declarada de Interese Turístico Galego.
Así, o sábado 25 de marzo e durante toda a xornada, a hostalería local ofrecerá variadas opcións culinarias que terán como protagonista este equinodermo.
Haberá moita música e ofrecerase ourizo cocido na carpa da praza dos Campos, entre outras sorpresas. Desde o Concello de Cervo convidan a todo o mundo a asistir a esta xornada de exaltación do ourizo.