Cervo acollerá o 8 de agosto o VII Torneo Maruxaina

AMariñaXa
A cita deportiva enfrontará ao CD San Ciprián, á SD Candelaria e á SD Burela,
presentacion-torneo-futbol-maruxaina
Presentación do torneo
3 Ago 2024

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro xoves, 8 de agosto, o VII Torneo Maruxaina, organizado polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita deportiva enfrontará ao CD San Ciprián, á SD Candelaria e á SD Burela, que militarán en 2º (San Ciprián e CandelariaI) e 1º autonómica (Burela), respectivamente.

A competición comezará ás 19:00 horas, co enfrontamento entre o CD San Ciprián e a S.D Candelaria. Ás 20:00 horas será o choque entre a SD Candelaria e a SD Burela; e xa ás 21:00 horas está previsto o partido entre o club anfitrión e a SD Burela.

Tal e como apuntou a alcaldesa, trátase dun evento deportivo xa consolidado como complemento perfecto á Festa da Maruxaina que terá lugar a próximo sábado, “marcando o deporte o pistoletazo de saída, neste caso, á esta celebración declarada de Interese Turístico Galego”

Ademais, a alcaldesa aproveitou a ocasión para desexarlles moitos éxitos na tempada aos dous clubs locais, a CD San Ciprián e a SD Candelaria, que volverán compartir categoría un curso máis.

0.085509061813354