Cervo acolle unha nova cita teatral para todos os públicos

AMariñaXa
O grupo de teatro A Mariña, pertencente á asociación Saúde Mental A Mariña, presentará a súa obra titulada 'A historia dun fidalgo para lembrar sempre'
teatro-cervo-historia-dun-fidalgo
23 Oct 2025

O venres 24 de outubro, ás 19:00 horas, o Salón de Actos do Concello de Cervo será o escenario dunha nova proposta cultural aberta a todos os públicos. O grupo de teatro A Mariña, pertencente á asociación Saúde Mental A Mariña, presentará a súa obra titulada A historia dun fidalgo para lembrar sempre, unha peza cargada de ilusión, creatividade e compromiso artístico.

A representación promete emocionar e divertir ao público asistente, ofrecendo unha mostra do talento e da capacidade expresiva do grupo, que volve aos escenarios con máis forza ca nunca.

A entrada será libre ata completar capacidade, polo que desde a organización animan a toda a veciñanza a gozar dunha tarde de teatro e emoción en Cervo.

⚙ Configurar cookies
0.068973064422607