Cervo acolle un curso de manipulador de alimentos
AMariñaXa
O Concello de Cervo organiza un curso de de manipulador de alimentos para o mércores 18 de agosto que será o día 18
16 Ago 2021
O Concello de Cervo organiza un curso de manipulador de alimentos para o mércores 18 de agosto. Este taller será totalmente gratuíto e terá unha duración de 4 horas.
Impartirase en horario de 17.00 a 21.00 horas na casa da cultura de San Cibrao.
Contará con prazas limitadas polo que compren a facer previa inscrición no whasapp 691 656 600 ou envía un correo electrónico adinamizacion@concellodecervo.