Cervo acolle o taller de fotografía e a exposición 'Queremos ser libres'

AMariñaXa
Unha proposta que estará dispoñible para visitar desde o 24 de novembro ao 22 de decembro
recurso-camara-fotografia
18 Nov 2024

A Casa da Cultura do Concello de Cervo organiza un taller de fotografía e a posterior exposición fotográfica baixo o título de 'Queremos ser libres'. Con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, estará dispoñible desde o 24 de novembro ata o 22 de decembro.

O taller de fotografía de luz negra terá lugar o sábado 23 de novembro e será preciso inscribirse no 982 595 157. Para nenos e nenas de 10 a 16 anos será desde as 17.00 horas a 19.00 horas Para persoas adultas desde os 17 anos de 19.15 horas a 21.15 horas.

O visionado dos traballos realizados no taller e a inauguración da exposición será o domingo 24 de novembro ás 12.00 horas.

0.204509973526