Cervo acolle esta fin de semana diversas actividades culturais e de ocio
O Concello de Cervo acolle esta fin de semana unha intensa actividade cultural, comezando polo II Trail A Fume de Carozo que comeza no día de hoxe ás 10.00 horas organizado polo Club de Trail e coa saída na Praza dos Campos.
Por outra parte, durante o día de hoxe desenvolverase a XV Festa de Exaltación da Carne do Porco, con tapas na hostalaría de Cervo e San Cibrao e racións de costela á noitiña no Souto a partir do mediodía e guateque de Arruguiñas desde ás 22.00 horas na Praza do Souto, co Dj Ovo.
Ademais, durante a tarde, a partir das 18.00 horas, haberá unha sesión gratuíta de iniciación ao traballo deportivo enmarcada na XVII Monográfica Rexional de Galicia de Boxer e no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
Pola súa parte, o domingo, 16 de xuño, seguirá a XVII Monográfica Rexional de Galicia de Boxer a partir das 10.00 horas no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos