Centros de ensino e empresas do proxecto Erasmus + Urbotics visitan Ribadeo
AMariñaXa
O xoves celebrouse o comezo do Proxecto Erasmus + Urbotics no que participan 20 centros de Europa (tres de Asturias: o Reconquista, de Cangas de Onís; o Rioturbio de Mieres; e o CRA Ría del Eo de Vegadeo) ademais de 8 empresas de 5 países diferentes (Hungría, Eslovaquia, Rumanía, Serbia e España).
16 Mar 2024

Achegáronse ata Ribadeo a empresa Abacusan, de Hungría (partners principais), os centros de ensino e representantes da empresa Obo We Teach Robotics, de Asturias. Despois dunha visita á praia das Catedrais, foron recibidos pola primeira tenente de alcalde, Begoña Sanjurjo Santar, no Salón de Plenos do Concello de Ribadeo. Os asistentes interesáronse por visitar o polígono industrial ribadense noutra ocasión.