Centos de persoas participaron este venres na II Mexillonada de Rinlo

AMariñaXa
A cita, organizada pola asociación O Cantal, repartiu 300 quilos de mexillóns
II-mexillonada-rinlo
II Mexillonada de Rinlo
19 Apr 2025

Centos de persoas se achegaron este venres ata Rinlo a gozar da II Mexillonada organizada pola asociación O Cantal coa colaboración do Concello de Ribadeo.

En total puxeron á venda 300 quilos de mexillóns na carpa instalada para a celebración deste evento gastronómico, que tivo por obxectivo poñer en valor un produto do mar como é o mexillón.

A xornada contou con actuacións musicais da man dos Festicultores e do artista Alejandro Martínez. Ata Rinlo se achegaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Turismo, Cultura e Benestar Social, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo e Elena Sierra, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares.

⚙ Configurar cookies
0.076667070388794