Ceden as vivendas do colexio dos Castro ao centro San Aníbal

AMariñaXa
O Concello de Burela cede o primeiro bloque das antigas vivendas de profesores do colexio dos Castros ao centro San Aníbal.
colexio os castro centro san anibal burela
14 Mar 2021

O Concello ven de ceder o primeiro bloque das antigas vivendas de profesores do colexio dos Castros. O Centro San Aníbal farase cargo da súa xestión e tutela, segundo deu a coñecer este mediodía a concelleira de Servizos Sociais, Carmela López.

A edil burelesa explicou que “o Concello ven de ceder o primeiro bloque das antigas vivendas de profesores do colexio dos Castros. É un bloque con catro pisos que se entregan ao Centro San Aníbal para que amplíen o seu proxecto social, que tanto aporta para a comarca e en concreto para os servizos sociais da nosa vila”.

Carmela López subliñou que “neste tempo que levo de concelleira o apoio constante e  continuo e o bo entendemento con este centro e coa xente que o integra é moi importante, porque nós carecemos dunha vivenda de emerxencia social. Non é fácil xestionala e levala a cabo e a verdade é que atopamos nesta cesión un mecanismo que poida axilizalo e que faga posible que sexa  unha realidade”.

A concelleira de Servizos Sociais indicou que “se trata de catro vivendas, que van ser tuteladas, que é o mesmo formato que teñen eles no centro actualmente. Para financiar as obras apoiarémonos e solicitaremos a implicación da Deputación de Lugo e o Centro San Aníbal dirixirase á Xunta de Galicia a través de varias liñas de actuación”.

0.19288897514343