Celeiro presenta o programa das súas patronais


Celeiro presenta o programa das súas Festas Patronais e do Mar. A cita será do 25 ao 28 de xuño con verbenas e sesión vermús para amenizar as xornadas. O día 25 chega o grupo Talismán e Nightwave, seguiranlle o venres o grupo Ritmo e Conxuro. O sábado actuarán Alabam e Alejandro Martínez e pecharán as celebracións Kalima 3.0, que fará unha sesión vermú extensa e haberá Diverneno para os máis cativos.