Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, pon en marcha a XXVII Festa da Tortilla

AMariñaXa
A parroquia celebra a romaría de San Caetano coas actuacións de Xaramolo, Toxo Guayaba, Brais das Hortas e Festicultores Troupe
festa_da_tortilla_san_caetano_2024
7 Ago 2024

Celeiro de Mariñaos celebra unha nova edición da romaría de San Caetano os días 17 e 18 deste mes. Serán dúas xornadas intensas, de festa continua coa XXVII Festa da Tortilla o sábado e a novidade do Gran Vermú do domingo. A iniciativa vén da man da Irmandade San Caetano e conta coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.

Ademais da gastronomía, as actuacións non van a faltar no programa. O 17 estarán Xaramolo, Toxo Guayaba, Brais das Hortas, Bela & Charlo e Sesión DJ. O 28 será a quenda de Pandeireteiros do Inferno e de Festicultores Troupe.

 

festa_da_tortilla_san_caetano
0.16565680503845