Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, celebra as súas festas
AMariñaXa
O trío Banarama amenizará a sesión vermú e tamén será o encargado de amenizar a festa á noite xunto con Principal
Foto recurso
22 Xul 2024
Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, presenta o programa das súas festas na honra a Santa Cristina. As celebracións comezan o mércores 24 de xullo con misa cantada polo coro Os Castros de Foz a partir das 13.00 horas, seguida de procesión. Posteriormente, o trío Banarama amenizará a sesión vermú e tamén será o encargado de amenizar a festa á noite xunto con Principal. O programa continúa o día 25 con misa, procesión e sesión vermú co grupo Madastur a partir das 13.00 horas. A verbena tampouco faltará á noite e virá da man de Madastur.