Celebreixon de Roberto Vilar chega a Burela
AMariñaXa
Roberto Vilar celebra 30 anos na televisión presentando e achegando o seu humor ao público nunha sorprendente xira polos teatros galegos.
4 Feb 2024
Roberto Vilar celebra 30 anos na televisión presentando e achegando o seu humor ao público nunha sorprendente xira polos teatros galegos.
Así, presentará o seu novo espectáculo Celebreixon o 9 de marzo na casa da cultura de Burela.
Promete ser un espectáculo cheo de risas e moitas sorpresas. O prezo de las entradas será desde 18 euros.
Roberto Vilar, nado en Xove, comezou a súa carreira televisiva fai xa trinta anos no programa ‘Café Café’ da Televisión de Galicia. Máis adiante chegaron ‘Supermartes’ e ‘Con Perdón’, no que coñece a Víctor Fábregas e crean o histórico dúo cómico Os Tonechos, que durante varias tempadas son fixos no mítico ‘Luar’ e que desembocou na creación dun formato propio: ‘O show dos Tonechos’.