Celebran o sábado na Escola de Órrea o 124 aniversario de Avelino Díaz
A Escola da Órrea acollerá o domingo día 2 de abril a celebración do 124 aniversario de Avelino Díaz organizado pola asociación que leva o seu nome e os concellos de Riotorto e Meira.
O evento comezará ás 17.00 horas, e nel proxectarase a obra Mamasunción de Chano Piñeiro; unha curtametraxe que conta a historia dunha nai que ben podería ter sido a do poeta. Asemade, trala proxección farase unha posta en común dos últimos datos coñecidos de Avelino Díaz.
Para rematar, inaugurarase simbólicamente o Mapa da Parroquia, unha obra doada hai décadas polo seu autor Castor López Montes.
O acto será presentado por Sara de Patorna e nel participarán, Alicia, Óscar e Miguel de Dios, Álvaro do Ferreiro, Airela, Noa e Celtia de Fleire, Isaura da Caseta, Noelia de Cartas e Marisol do Ferreiro.