Celebran O Carme en Mor, en Alfoz

AMariñaXa
O programa, organizado pola Asociación Veciñal de Mor e o Concello, arranca ás 13.00 horas con misa, seguida da sesión vermú
mor_alfoz
mor_alfoz
8 Xul 2024

Alfoz celebrará O Carme o próximo domingo 14 de xullo no atrio de Mor. O programa, organizado pola Asociación Veciñal de Mor e o Concello, arranca ás 13.00 horas con misa, seguida da sesión vermú amenizada polo Dúo Epok A Mariña. O xantar popular comezará ás 15.00 horas e a celebración continuará con baile amenizado polo dúo.

Tamén contarán con actividades gratuítas para os máis pequenos da casa.

E como novidade este ano contarán con carpa. Ademais, o día do Carme, 16 de xullo, haberá misa ás 10.00 horas e ás 13.00 horas, procesión e deseguido, sesión vermú a cargo do grupo de música tradicional A Rebolaxe.

0.089102983474731