Celebran a sétima edición da Milla Popular Lourenzá

AMariñaXa
Lourenzá acolle a décimo quinta edición do Campionato de Galicia de Milla, ademais do Campionato Xunta de Galicia de 1Km 2024 e da VII Milla Popular Lourenzá
milla_popular_lourenza
Presentación da cita
31 Maio 2024

Este sábado 1 de xuño, Lourenzá acolle a décimo quinta edición do Campionato de Galicia de Milla, ademais do Campionato Xunta de Galicia de 1Km 2024 e da VII Milla Popular Lourenzá Fin de Etapa Camiño Norte.

As Escolas Deportivas Lourenzá organizan, co patrocinio do Concello e a colaboración da Federación Galega de Atletismo a cita, que terá lugar a partir das 16.30 horas, na Praza Conde Santo de Lourenzá. A hora de saída da proba será ás 17.30 e os interesados poden facer a súa inscrición a través da web carreirasgalegas.com

0.17990303039551