CCOO acusa a Alcoa de “estafa” e de non querer ceder a factoría de San Cibrao

AMariñaXa
Dende CCOO de Industria piden ao Goberno e a Xunta que interveñan a empresa
mesa-seguimentao-alcoa-4-abril-2024
6 Xuño 2024

CCOO acaba de emitir un comunicado aseguran que Alcoa incumpre o plan de viabilidade, “o que deixa claro a gran posibilidade de que se está cometendo un presunto delito de estafa, ademais de sabotaxe ás instalación por desmantelalas sen intención de refacelas”. Todo iso supón para o sindicato que manteñen a folla de ruta que non é outra que “pechar a factoría e en ningún caso cederlla a un competidor, porque sabe que a planta é viable e non se lla vai deixar á competencia”.

Afirman tamén que nun tempo pedirán fondos para volver a reactivala e “xerar postos de traballo que eles mismos intentan destruír”. Dende CCOO de Industria piden ao Goberno e a Xunta que interveñan a empresa, tal e como a cidadanía, o comité e o congreso lles solicitaron en varias ocasión. Queren, deste xeito, que se garanta “a viabilidade dunha empresa estratéxica segundo o propio Goberno”.

A forza sindical pide que non se permita que unha multinacional, “con procesos xudiciais abertos por unha presunta estafa, se siga rindo e todo unha comarca, do Goberno, da Xunta e da soberanía industrial deste país”. No comunicado tamén aseguran que a empresa non gaña diñeiro “porque no  quere” co prezo do aluminio en máximos e os presos máis baixos da enerxía en Europa.

“Estímase que podería estar ganando 1.000 euros por tonelada de aluminio que, tendo en conta a capacidade produtiva, nos levaría a máis de 200 millóns de euros en ganancia”. Segundo cálculos do sindicato, Alcoa gañou preto de 3 millóns de euros, grazas ao firme posicionamento do comité de empresa con respecto á posta en marcha das 32 cubas, “que Alcoa dicía que levaría a perdas inasumibles”.

0.12825083732605