Caxoto contará os seus contos en Riotorto esta tarde

AMariñaXa
Este xoves día 7 de abril, ás 18:30 horas, no salón de actos da casa da cultura de Riotorto terá lugar o contacontos Miña casa, meu lar.
contacontos caxoto riotorto portada
7 Abr 2022

Este xoves día 7 de abril, ás 18:30 horas, no salón de actos da casa da cultura de Riotorto terá lugar o contacontos Miña casa, meu lar (Contos Ambientais) da man de Caxoto.

Caxoto é un experto en xestión de residuos… un barrendeiro municipal. A pesar de que parece un traballo rutinario e aburrido, as beirarrúas están cheas de sorpresas e aventuras. A través das súas experiencias aprenderanse as claves para protexer o noso medio ambiente pero con moito humor.

A entrada será de balde.

0.051804065704346