Caxoto contacontos estará en Alfoz

AMariñaXa
O 22 de maio ás 19.30 horas no salón de actos da casas da cultura Felipe Díaz, Caxoto contacontos, achegará o seu humor ata Alfoz.
caxoto felipe meu lar
11 Maio 2022

O 22 de maio ás 19.30 horas no salón de actos da casas da cultura Felipe Díaz, Caxoto contacontos, achegará o seu humor ata Alfoz. Así, amosará Miña casa, meu lar á veciñanza alfocega e ao remate da representación, realizarase a entrega de premios do Concurso de Debuxo e Narrativa das Letras Galegas da Biblioteca.
Esta historia é unha reflexión sobre a pegada ambiental neste mundo que cumpre todas as funcións dun fogar: danos de comer, danos agocho e é un espazo onde atoparnos a nós mesmos e ós que nos rodean.

0.11448287963867