Catro orquestras amenizarán as festas trabadenses de Fórnea durante a fin de semana
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A parroquia trabadense de Fórnea celebra as festas na honra da Nosa Señora do Campo durante a fin de semana.
12 Sep 2019
A parroquia trabadense de Fórnea celebra as festas na honra da Nosa Señora do Campo durante a fin de semana. O venres, día 13, actuará a orquestra Gran Casino na sesión vermú e volverá a subir ao escenario para a verbena ao igual que Trébol.
O sábado 14, a partir das 13 horas, celebrarase a misa cantada polo coro de Riotorto, seguida da procesión da Virxe. A continuación, o Grupo Fénix actuará na sesión vermú e tamén á noite xunto outro dúo, Merengue. Pero antes, ás 18 horas, comezarán os xogos populares con premios para os gañadores. Tamén os nenos poderán desfrutar das colchonetas que a organización permite usar de balde.