Catro deportistas do Club de Remo de Ribadeo foron distinguidos polos éxitos conseguidos

AMariñaXa
O Club de Remo de Ribadeo conta cunha nova embarcación M6, así o informou o presidente do club, Miguel Balsa.
2024 recepcion Club de Remo ribadeo
30 Mar 2024

O salón de plenos do Concello acolleu unha recepción a catro deportistas do Club de Remo de Ribadeo polos éxitos conseguidos no Campionato de España de Larga Distancia, que se celebrou en Castrelo de Miño.

Os deportistas homenaxeados son: Mateo Monteserín González,  Conrado Lara Calonge, Irene García Valle e Antón Balsa Val, que estiveron acompañados polas súas familias e adestradores.

Presidiron a recepción o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz, que felicitaron ao Club de Remo pola súa traxectoria e polas medallas conseguidas hai uns días por estes catro deportistas.

0.19228982925415