Catro asociacións veciñais de Ribadeo acondicionanarán os seus locais
Vanse investir máis de 59.000 euros en catro asociacións de veciños de Ribadeo para o acondicionamento e equipamento dos seus respectivos locais sociais.
As entidades beneficiarias son as asociacións de Cubelas, Cinxe, O Cantal e Virxe de Vilaselán, que xogan un papel fundamental no movemento veciñal e na dinamización social e cultural de barrios e pobos, especialmente no ámbito rural. Conestes espacios contribuen á mellora e á calidade da vida local.
Actualmente a asociación de veciños de Vilaselán dispón dunha axuda de 12.400 euros para arranxar as ramplas de acceso para persoas con mobilidade reducida, reparar a cuberta, adquirir mobiliario, repintar paramentos interiores, acondicionar a iluminación e mellorar a calefacción das aulas para cursiños.
As entidades de Cubelas e O Cantal obtiveron a contía máxima de 17.000 euros cada unha -12.000 para obras e 5.000 para equipamento- que destinarán a actuacións como a eliminación de barreiras arquitectónicas e a mellora das dotacións. Pola súa banda, a asociación de Cinxe recibe 12.750 para actuar sobre a accesibilidade, cambiar fiestras e pintar o exterior do local social.