Catro anos máis de PSOE en Vegadeo
Os socialistas conseguiron 5 concelleiros fronte aos 4 do Partido Popular, 1 de Foro Asturias e 1 de IU-Más País, pero haberá que esperar ós posibles pactos.
No concello asturiano de Vegadeo o PSOE de César Álvarez conseguiu 5 concelleiros fronte a 4 do PP, 1 de Foro Asturias e 1 de IU-Más País. Haberá que esperar aos vindeiros días para ver os posibles pactos do PSOE, pois necesita 6 concelleiros para gobernar, e así Álvarez afrontará a súa terceira lexislatura á fronte do concello en minoría ou con pactos de coalición.
“Queremos agradecer de corazón ás veigueñas e veigueños a súa participación exemplar nas eleccións municipais e autonómicas, moi especialmente aos e as que, co seu voto, contribuíron a que o PSOE gañase de novo tanto en Vegadeo como en Asturias”, dixeron dende a agrupación socialista de Vegadeo.
“A pesar de non conseguir o resultado que esperabamos, somos a opción preferida polo pobo para formar Goberno na próxima lexislatura”, engadiron. “Os e as socialistas entendemos a mensaxe, e coa maioría progresista que os cidadáns elixiron democraticamente nas urnas, poñémonos a traballar desde o primeiro momento para seguir construíndo o Vegadeo que todos e todas queremos”, remataron dicindo tras coñecer os resultados.
No Concello de Vegadeo, dende 1979, o partido que máis tempo gobernou foi o PSOE, e o actual alcalde socialista, César Álvarez Fernéndez, conseguiu o bastón de mando nas eleccións de 2015 con maioría absoluta.Malia que o PP de Vegadeo presentou unha candidatura renovada que encabezaba Armando Pérez, non conseguiu os apoios da totalidade da veciñanza. Aínda así, obtiveron bos resultados, pois sumaron 3 edís, pero non os sufucientes para gobernar.
FORO Asturias, con Virgilio López á cabeza, manterá 1 concelleiro na corporación municipal malia a perda de 2. Nesta ocasión, Izquierda Unida-Más País, con Gerardo Álvarez á fronte, conquistou un edil con 203 votos.
CONCELLEIROS ELECTOS
- Cesar Álvarez Fernández PSOE
- Pablo Fernández Abuin PSOE
- Rocío Garay Barcia PSOE
- Ana María De La Osa Castro PSOE
- Concepción Pérez Lamelas PSOE
- Armando Pérez Álvarez PP
- José Antonio Castro Álvarez PP
- Ana Belén Prieto López PP
- Óscar Rodríguez Villar PP
- Virgilio López Rico FAC
- Gerardo Álvarez Pastur IU