Case 600 maiores xuntáronse para celebrar o Día do Xubilado en Cervo

AMariñaXa
O maiores volveron ser protagonistas no tradicional Día do Xubilado de Cervo, celebrado na praza dos Campos.
dia do xubilado 2023 cervo
1 May 2024

O maiores volveron ser protagonistas no tradicional Día do Xubilado de Cervo, celebrado na praza dos Campos. Na proposta, que chegou a súa XXXVIII edición e contou coa partipación de toda a corporación, déronse cita preto de 600 persoas. O programa da cita, que supón unha das máis antigas na comarca, comezou ás 12.00 horas cunha misa cantada pola Coral Terra de San Ciprián na igrexa parroquial de Lieiro, logo houbo sesión vermú amenizada por Conxuro na Praza dos Campos e xantar na carpa instalada na praza.

Cada comensal recibiu un agasallo elaborado por saúde mental A Mariña e houbo sorpresas como un photomaton que desfrutaron os asistentes. Ese mesmo día a alcaldesa e a concelleira de Servizos Sociais entregaron os trofeos do campionato de tute e parchís, organizado na Casa do Mar de San Cibrao, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 12 ao parchís).

A rexedora Dolores García destacou que foi un día de emocións "na que estaban representadas todas as parroquias do municipio", unha xornada de convivencia moi agardada na que se desfrutou moito. "Esta festa é unha homenaxe a todas esas persoas gracias ás cales hoxe podemos desfrutar dos dereitos e da calidade de vida que temos".  García agradece o traballo levado a cabo polos traballadores do Concello, antes e durante o evento, para que estivese todo a punto. Durante toda a xornada, o Concello supervisou todo o evento e contaron cunha ambulancia e efectivos do GES.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17854404449463