Casa Damián: “Servimos marisco e pescado durante todo o ano, que é o que máis piden”

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
Antonio Castro atópase ao fronte de tres negocios focegos A Funcional, Casa Damián e O Lar. Servimos marisco e pescado durante todo o ano.
250520 Burela
15 Nov 2020

Antonio Castro Fernández atópase ao fronte de tres negocios focegos A Funcional, Casa Damián e O Lar.

Como empezou a súa andaina na hostalaría?

Empecei fai moitos anos, xa con 14 traballaba en Ribadeo nun bar restaurante chamado O Porrón, alí estiven un verán. E despois fun ao Xoiña antes de ir á mili, no ano 80 máis ou menos. Tamén estiven na Coruña dous anos antes. Estiven compaxinando cos estudos os traballos de camareiro. Despois alonxeime da hostalaría durante 8 anos e cando se xubilou meu pai quedeime coa granxa de vacas para despois traballar dous anos cun camión, porque a miña vocación era camioneiro, de feito teño o título de transportista.

Levo moitos anos no sector pero como empresario desde o 2008. Comezei no bar Taco, un bar preto do campo de fútbol que antes se chamaba Tribuna. Empecei a dar racións e á xente gustaballe, logo pedían outras cousas e acabei collendo un local anexo e facendo un restaurante con carta, pouco a pouco eso si. Tiñamos unha cociña moi pequena, por iso ao principio dabamos uns pratos fáciles que non tiveran moita elaboración como son as táboas de queixos, ibéricos, ensaladas... pero tivemos que ir metendo o típico de aquí, o que lle gusta á xente como son os mexilllóns, as navallas.... é dicir, os produtos do mar. Despois puiden facerme co negocio da Funcional, outro local que me gustou sempre pola súa situación. E como a miña muller estaba no Taco e eu na Funcional decidín deixar o Taco por comodidade, e despois quedou libre a Casa Damián, a cal tamén me gustaba moito, así que fíxenme con el, e aquí estamos.

En que se diferencian os tres locais, A Funcional, Casa Damián e O Lar?

A Funcional é máis ben cafetería, e os outros dous son restaurantes con cartas parecidas pero que se diferencia moito na clientela. A Casa Damián ten un público máis de verán sobre todo pola súa situación fronte á praia, e O Lar funciona mellor coa xente do pobo e coa do día a día.

Como foi este ano?

Estivemos un tempo pechados polo confinamento co cal tes gastos pero non ingresos. Despois deixaronnos abrir e o peor foi xullo porque quixemos recuperar ao personal do Erte e contratar algún extra pensando na tempada de verán, pero tiven que volver metelos en Erte despois de 5 días e quedarme co mínimo, pois foi cando pechou a Mariña polos contaxios. Case fixemos nese mes o mesmo que nun mes de inverno. E día a día nos tres locais batimos récord de vendas por debaixo. Non lembro un xullo tan malo na Funcional nestos 8 anos que levo. Xullo foi un pau moi grande, agosto foi algo mellor, e setembro tamén, pero iso si, o que gañei foi en calidade de vida, que me deitaba as dúas da mañá, algo impesanble en agosto doutros anos.

Como plantexan o inverno?

Agora xa estabamos practicamente adaptados aos horarios e chegou o toque de queda, é dicir, a fin de semana pasada vendín ao nivel de anos anteriores máis ou menos. O que pasa e que agora co toque a ver como será, porque nos traballamos moito no inverno con banquetes, ceas de amigos, etc. Pode pasar que a xente veña cear máis cedo, cousa que dubido, pero eu creo que imos voltar ter perdas. O que vai comer individualmente non pasa nada, ese seguirá vindo, pero os problemas son os grupos que viñan de cea en inverno e quedaban coas copas ata ás 2 ou 3 da mañá ou traían un Dj. Por outra banda o que máis temo é que volva haber positivos en coronavirus porque eso vai influír moito nas dinámicas da xente, en baixar a cear e tomar algo.

Estan a facer xornadas ou eventos?

Estamos facendo xornadas de caza e cogomelos que serán ata decembro e facemos un sorteo tamén pola noite dos venres. Na Funcional e no Lar antes facíamos un sorteo de xamón e viño e retomámolo como aliciente para que veña a xente xa que contamos cunha terraza grande. No Nadal estou pensando en facer ceas e comidas a domicilio, xa que é un servizo que creo que funcionará, pero con comidas máis especiais, máis de esas datas. Aínda que xa contamos co servizo a domicilio, pero agora é momento de plantexalo doutra maneira, facer algo diferentes.

Como ve o futuro?

Quédanme como moito 10 anos, así que eu plantexo manterme durante este tempo e despois xa se verá. Con todas as precaucións que hai agora estamos a ter todos os hostaleiros moitos problemas, así que xa se verá co paso do tempo. Agradecemos aos veciños e turistas o apoio á hostalaría coa que está caendo e que axuden e saian a consumir nos locais do pobo.

Cales son os pratos estrela nas cartas?

Tanto na Casa Damián como no Lar o que funciona é marisco e pescado, claro que temos carnes boas, pero a xente demanda máis estes produtos xa que estamos en zona costeira. Sempre temos 6 ou 7 tipos de pescado dependendo da tempada aínda que sempre contamos con tres fixos como son bacalao, merluza e peixe sapo, e despois solemos ter linguado, sanmartiño, rodaballo, sargos, etc. No Lar acostumamos ter anguía ou lamprea, sempre e cando sexa a época, e tamén na Casa Damián traballamos a raia. Dentro dos mariscos contamos con lumbrigantes, nécoras, mexillóns, navallas, son os produtos máis típicos e os que máis demanda a xente. Agora as zamburiñas están saindo moi ben, están moi de moda xa dende hai tempo.

Contan con menú do día?

Os menús do día teñen un prezo de 10 euros no interior e 12 en terraza, e moi asequible para a calidade do produto que servimos. Na Casa Damián dámoslle moita importancia ás sobremesas, temos unha carta deles. O noso menú é un menú tardío como digo eu, xa que a xente vén a comer a partir das 14.30 horas, e conta con primeiro, un segundo que soe ser carne de porco, tenreira, ave ou pescado, e sobremesa. Procuramos facelo o mello posible e que a xente o desfrute.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18193197250366