Carolina Iglesias, Los Coleguitas e a orquestra Compostela estarán nas festas do San Lourenzo de Foz

Foz
AMariñaXa
programa comeza o mércores, ás 18.30 horas, co IV Festival de Bandas Vila de Foz
pregoeira_festas_san_lourenzo
5 Ago 2024

Foz celebra as festas de San Lourenzo desde o 7 ata o vindeiro día 11. O programa comeza o mércores, ás 18.30 horas, co IV Festival de Bandas Vila de Foz. Haberá pasacalles dende as 18.30 horas e logo, ás 19.30, terá lugar o concerto da Banda de Música de Foz, Banda de Música de Antas de Ulla e Banda de Música de Lantaño.

O xoves Carolina Iglesias encargarase de dar o prego a partir das 20.30 na praza Rosalía de Castro. A partir das 21.00 horas actuará, tamén na praza, a Banda de Música de Foz da man do programa Tradigalu da Deputación de Lugo. O venres haberá verbena con Los Coleguitas e orquestra Fania Blanco Show na explanada portuaria a partir das 22.30.

O sábado haberá misa solemne e procesión acompañada da Subela de Foz e sesión vermú a cargo da orquestra Magos que estará acompañada polo grupo Zona Zero á noite. Ás 23.59 horas dará comezo o espectáculo pirotécnico de fogos artificiais no Paseo de Laredo. O domingo a sesión vermú virá a cargo da orquestra Compostela que tamén amenizará a xornada da noite a partir das 22.30 horas na explanada do porto. As festas están organizadas pola comisión O Noso Foz, coa axuda e colaboración do Concello e da Deputación.

0.086931943893433