Carmen Rodríguez e Laura Requeijo gañan o III Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas de Ribadeo

TerraChaXa | AMariñaXa
A Concellaría de Cultura ven de facer público o fallo do III Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo.
18 Xuño 2019

A Concellaría de Cultura ven de facer público o fallo do III Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo.
O xurado acordou conceder o premio, na modalidade de Poesía, a Carmen Rodríguez polo seu traballo titulado Conversa no Letargo, valorando entre outros criterios “o uso acaído e rico de recursos estilísticos, o bo dominio do verso libre, unha clara aposta pola voz poética feminina (aspecto que nas bases se poñía como valorable) e un perfecto uso do idioma”.
O mesmo xurado acordou declarar deserto o premio na modalidade de Relato Curto.
No apartado de Artes Plásticas resultou gañadora Laura Requeijo López coa obra A-MAR, “polo seu dominio de técnicas diversas que inclúen tamén a ilustración dixital, a creación dun mundo propio, onírico, próximo ao da banda deseñada e a proporcionalidade entre a figura humana e a paisaxe”.
Cada un dos premios ten unha dotación de 500 euros.
Por outra banda, a Concellaría de Cultura organiza un obradoiro de arrolos, que se celebrará o vindeiro domingo, 23 de xuño, e será impartido por Ugia Pedreira, dentro do programa Apego.
As familias con bebés de 0 e 3 anos que queiran participar teñen que anotarse escribindo ao enderezo cultura@ribadeo.org.
A actividade terá lugar no Teatro a partires das 17:30 horas. A duración será de dúas horas e o número de prazas para bebés son 20, podendo ser acompañados cada un deles por un adulto. O prezo por asistente é de 3 euros.

0.19367003440857