Carmen Cruzado asume a presidencia da Federación de Comercio A Mariña
AMariñaXa
A Federación de Comercio A Mariña pon en marcha afeira.gal, un marketplace de produtos agroalimentarios de Galicia.
5 Feb 2024
Carmen Cruzado asume a presidencia da Federación de Comercio A Mariña durante os dous vindeiros anos.
Compoñen o resto da xunta directiva, que se acaba de renovar, Becky Hermida, de Acia Burela, como vicepresidenta; José Carlos Paleo, de AciaFozCCA, como tesoureiro; e Isabel Méndez, do CCH de Viveiro, ocupa a secretaría.
A FCAM constituíuse no ano 2013. Desde entón organizou diferentes actividades co claro obxectivo de dinamizar o comercio, a hostalería e o turismo na comarca da Mariña.