Carmen Calvo pechará o ciclo sobre Maruja Mallo en Viveiro

AMariñaXa
A exministra de Igualdade e vicepresidenta primeira do Goberno, Carmen Calvo, pechará o ciclo de conferencias Maruja Mallo de Viveiro
Carmen_Calvo_exministra igualdade Goberno de espana e vicepresidenta primeira
18 Maio 2022

A presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso dos Deputados, Carmen Calvo, pechará este venres 20 de maio o ciclo de conferencias Maruja Mallo. Viveiro e a vangarda do século XX

Grazas a esta iniciativa, o Concello de Viveiro programou nos últimos meses diversos relatorios para achegarse á figura da artista viveirense. A conferencia deste venres será ás 12:00 na Sala Multiusos do Concello de Viveiro, con entrada gratuíta ata completar aforo. 

Carmen Calvo será a última relatora destas conferencias, que comezaron o pasado mes de marzo. Nestes meses, diferentes expertos e expertas ofreceron o seu coñecemento sobre a figura de Maruja Mallo. 

“Agradecemos a Carmen Calvo a súa presenza este venres en Viveiro, o que confirma unha vez máis a envergadura deste ciclo a nivel artístico e feminista. Un agradecemento que estendemos aos expertos e expertas que estiveron connosco estas semanas”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. 

A alcaldesa de Viveiro recibirá a Carmen Calvo na casa do concello ao longo da mañá do venres, onde asinará o libro de firmas do Concello de Viveiro. 

Ás 12:00 dará comezo esta última cita do ciclo de conferencias, no que intervirán tamén a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega. O relatorio de Carmen Calvo pechará así esta iniciativa, que dá visibilidade á artista viveirense. 

Por último, Carmen Calvo, acompañada das representantes municipais, visitará a casa onde naceu Maruja Mallo, situada na avenida de Lourdes. 

“Nas últimas semanas redescubrimos a Maruja Mallo, dando visibilidade ao talento local e feminino, a través desta iniciativa tan ben acollida pola nosa cidadanía”, engade a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega. 

0.16706109046936