Carlos Mariano, este sábado no Son do nordeste de Cervo
AMariñaXa
Cervo, a través da delegación de Cultura, presenta o programa O son do nordeste, que encherá a vila de música diversa de aquí a final do ano.
16 Dec 2021
O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, presenta o programa O son do nordeste, que encherá a vila de música diversa de aquí a final do ano.
“O son do nordeste” será un ciclo de música que acollerá concertos de diversos estilos musicais en diferentes emprazamentos do Concello de Cervo durante as noites dos meses de outubro, novembro e decembro.
Este sábado ás 20.30 horas na Praza do Souto de Cervo, Carlos Mariano interpretará Las canciones de tu vida. Un repaso aos éxitos nacionais dentro do ciclo de concertos. Haberá un sistema de calefacción baixo a carpa do Souto.