Carballido, en Alfoz, celebra as súas festas os días 20 e 21 de xaneiro

AMariñaXa
Os veciños de Carballido, no Concello de Alfoz, celebrarán a súa festa en honra a San Sebastián na que non faltarán as actuacións musicais
11 Xan 2024

A parroquia de Carballido, no concello de Alfoz, celebrará a súa festa na honra de San Sebastián os días 20 e 21 de xaneiro, sábado e domingo. Haberá carpa climatizada.

As actividades empezarán o sábado ás 13.00 horas con misa solemne, procesión e sesión vermú co dúo Sensación. E pola noite haberá verbena co dúo Sensación, All Stars, o dj Marcos Peón e Conxuro Discomóvil.

E o domingo a partir das 13.00 horas celebrarase misa, procesión e sesión vermú con Belinda.

0.13376879692078