Carballido, en Alfoz, celebra as festas do San Roque

AMariñaXa
Trátase dun programa pensando en satisfacer os distintos gustos musicais
fogos-artificiais-festas-patronais
Foto recurso
16 Ago 2024

Carballido, en Alfoz, presenta o cartel do San Roque, un programa pensando en satisfacer os distintos gustos musicais. A cita, que terá lugar no adrio de Carballido, será dende este venres ata o domingo. Para os máis rockeiros contarán o venres día 16 co bo facer do Grupo Claxxon, uns mestres no seu estilo, acompañados tamén do dúo Belinda

Para os máis discotequeiros contarán o sábado 17 con DJ Balbin, que estará acompñado do Grupo Montreal para os máis bailadores, e o domingo 18 co case DJ residente Pablo Paleo Ramos e a súa espectacular Conxuro Disco Móvil.

Ademais, os asistentes tamén poderán gozar da mellor orquestra de Galicia no seu estilo sen dúbida ningunha, a Orquesta Los Satélites. E para os que gustan dun bo churrasco acompañado da mellor música, o domingo 18 terá lugar a nosa tradicional macrochurrascada.

festas_carballido
0.18125414848328