Cantar Delas actúa en Barreiros no programa do Día da Muller

TerraChaXa | AMariñaXa
O grupo Cantar Delas actuará o sábado 30 de marzo no Centro Social de San Cosme de Barreiros dentro dun ciclo de concertos pola provincia con motivo da celebración do 8 de marzo como Día Internacional das Mulleres.
cantardelas
17 Mar 2019

O grupo Cantar Delas actuará o sábado 30 de marzo no Centro Social de San Cosme de Barreiros dentro dun ciclo de concertos pola provincia con motivo da celebración do 8 de marzo como Día Internacional das Mulleres.
O concerto celébrase baixo o lema Mulleres libres, sempre e terá lugar a partir das 19:00 horas.
Neste concerto faise un percorrido pola música dende o século XIII ata o século XX. Cada peza vai precidida dunhapresentación de personaxes feminin os que forman parte do imaxinario colectivo e están presentes na vida cotiá sen saber a razón pola que pasaron á historia.
O obxectivo deste concerto é dar a coñecer a estas mulleres, o seu papel no cuestionamento da orde social, na loita contras as inxustizas, os motivos polos que foron perseguidas, etc.

0.17622113227844