Cangas de Foz celebra as súas festas

Foz
AMariñaXa
O sábado haberá misa solemne acompañada polo coro Os Castros, procesión con pasacalles e sesión vermú
festas-fogos-artificiais-celebracion
Imaxe de arquivo
25 Xuño 2024

Cangas de Foz celebra as súas festas na honra á Virxe do Carme e a San Pedro o 29 e 30 de xuño. O sábado haberá misa solemne acompañada polo coro Os Castros, procesión con pasacalles e sesión vermú co grupo Platinum. Logo, a partir das 21.00 horas, terá lugar a gran sardiñada de balde para a veciñanza, mentres que os de fóra deberán aboar 10 euros. A verbena estará amenizada por Platinum, Fania Blanco Show e Dj Litainer.

O domingo haberá misa solemne acompañada do grupo Mar Aberto e procesión. A sesión vermú estará amenizada por D´Noche que tamén estará á noite con Los Players. O día 20 de xullo organizan a misa cantada na honra do Corazón de Jesús e comida no centro cívico a partir das 14.00 horas. Os veciños pagarán 20 euros e os de fóra 35, mentres que os nenos de ata 12 anos comerán gratis. Haberá música e baile gratis.

0.17984485626221